top of page
Buscar
compasses0

Life finds a way...

Actualizado: 10 may 2022

...e unha frase xa célebre pronunciada por Ian Malcolm, persoaxe de ficción da serie de novelas do escritor Michael Crichton que comezaban pola famosísima "Jurassic Park", e que foi interpretado maxistralmente polo actor Jeff Goldblum na adaptación ó cine de dita serie. Ian dicíanos:

Parece un rockero, pero é un científico: Ian Malcolm, avisándonos. Imaxe: Wikimedia Commons

Ian Malcolm [1], como experto en sistemas complexos adaptativos e teoría dos sistemas dinámicos (e particularmente, da teoría do "Caos") advertía contra os efectos adversos da ilusión de control cando o ser humano leva a cabo algo sen ter en conta a capacidade de cambio e adaptación inherentes ós procesos naturais. Na trama, como soe suceder neste tipo de ficción, e en moitos casos, tamén na realidade, ignorase a opinión do científico, e sobrevén o desastre.


Obviamente tamén na realidade, a vida abre o seu camiño. A evolución nos sistemas de planificación territorial cara ó desenvolvemento de instrumentos específicos coma os da infraestructura verde axudannos a ter esa vida perto, contribuir a súa expansión, beneficiarnos dela, pero son os procesos naturais os que a fan perdurar e abrirse camiño...

So fai falla deterse non pequenos detalles - como o pequeno Asplenium adiantum-nigrum da imaxe inferior, abrindose camiño nunha escaleira da Escola Politécnica Superior de Enxeñaria, en Lugo, e que nos fixo reflexionar ó respecto...


Life finds a way na forma dun Asplenium...

Ninguén planificou que estivera, pero ahí o tes: contribúe á biodiversidade no Campus, reverdece o aspecto do formigón... e supón un reto para o mantemento das instalacións.

A estratexia de infraestrutura verde da unión europea define á mesma como "...unha rede de áreas naturais e seminaturais con outros elementos ambientais estratéxicamente planificada, deseñada e xestionada para proporcionar un amplo rango de servizos dos ecosistemas". Se queremos extender esta capacidade das infraestruturas verdes ó cotián, ó próximo, debemos pararnos a pensar qué require a planificación estratéxica, o deseño e a xestión para integrar eses procesos espontáneos, e a capacidade adaptativa dos sistemas vivos. Dende o xeral ó particular, pode que a xestión de escaleiras de emerxencia deba considerar como a vida as poda colonizar sen que perdan a súa función... Xa que o deseño inicial non o fixo!



[1] Hai unha anécdota interesante que contaba Melanie Mitchell, do Santa Fe Institute (un dos centros de referencia a nivel mundial sobre ciencias da complexidade na realidade, e lugar de traballode Ian Malcolm na ficción) nun dos seus cursos con respecto á personaxe de Ian Malcolm. Ante o interese que despertara este persoaxe coa publicación dos libros, houbo quen se dirixiu ó propio Instituto pedindo as súas referencias bibliográficas... Os postdoc do instituto non tardaron en facer unha páxina web de Malcolm, incluíndoo entre a plantilla de profesores... ata que o comité de dirección correspondente lles fixera retirala por "pouco profesional"!



17 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


Publicar: Blog2_Post
bottom of page